';
 
Slide 1
Slide 1
Slide 1
Slide 2
Slide 2
Slide 2
Slide 1
[español]   [galego]   [english]   [português]

20/05/2013

Martín Códax recibe o premio HG&T-AGAXET na categoría “I+D e formación” polo proxecto Innter Gal-Eno 2012

Leer Máis
image01

01/02/2013

COGAL obtén a certificación IFS FOOD

Leer Máis
image01

Actualidad

O portal permitirá apoiar o desenvolvemento de distintos niveis de cooperación entre cooperativas e outras entidades da economía social , ofrecendo un foro de intercambio de información que permita o coñecemento mutuo e fomente a colaboración empresarial e comercial entre cooperativas.

Leer Máis
image01

PRESENTACIÓN

A existencia do portal www.intercooperar.coop xorde ao abeiro do proxecto COOPERA+, co-financiado polo Fondo Europeo FEDER e o Programa de Cooperación Territorial España-Portugal 2007 -2013. O seu obxectivo é articular medidas que contribúan ao fomento e consolidación das cooperativas na Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, co fin de xerar máis e mellores empregos, mediante a realización de accións de asesoramento, formación e información dos diferentes axentes galegos e portugueses vinculados á promoción do cooperativismo e da economía social. Nesta acción en concreto, o Programa de comercialización e internacionalización COOPERA+ busca a adaptación de ferramentas do e-commerce no medio cooperativo co obxectivo de mellorar a comercialización dos produtos e servizos das cooperativas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, creando una páxina web cuxa estrela é un catálogo orientado á comercialización en liña. Ademais, dispón de seccións con información relevante sobre as cooperativas e os seus produtos e servizos (ofertas e demandas de interesados) e mesmo reportaxes sobre unha cooperativa destacada.

Este portal convértese nun punto de encontro onde as cooperativas poden promocionar a súa actividade, os seus produtos e os seus servizos e ofrecelos a calquera persoa interesada neles.